Como realizar unha copia de seguridade do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónWindows - Copia do certificado no google Chrome
Para realizar unha copia do certificado electrónico desde Google Chrome, accede ao menú "Personaliza e controla Google Chrome", ao final da barra de enderezos, e entra en "Configuración".
Pulsa sobre "Privacidade e seguridade" situada na marxe esquerda, despois en "Seguridade" e fai clic en "Xestionar certificados".
Na pestana "Persoal" deberá aparecer o seu certificado electrónico. Para realizar unha copia de seguridade (exportación), selecciona o certificado correspondente e fai clic en "Exportar...".
A continuación ábrese o "Asistente de exportación". Pulsa "Seguinte" e despois marca o recadro "Exportar a clave privada" (se acabas de obter o seu certificado e non se pode marcara é posible que houbese algún problema na descarga ou instalación; nese caso contacta coa entidade emisora do certificado).
Na seguinte pantalla deixa as opcións que aparecen marcadas por defecto e pulsa "Seguinte". En función da versión do navegador pode ser obrigatorio protexer a copia cun contrasinal. Esta opción tamén é indispensable para importar posteriormente o certificado nun navegador como Mozilla Firefox. Se esqueces o contrasinal non haberá xeito de recuperara. Pulsa "Seguinte".
Fai click en "Examinar" para escoller a situación en que se vai a gardar a copia do certificado, establece un nome e pulsa "Gardar", "Seguinte" e, despois, "Finalizar".
Se todo foi ben aparecerá a mensaxe "A exportación realizouse correctamente".
A icona a unha copia válida realizada será un sobre aberto cun certificado asomando e unha chave e a extensión.pfx. Se non se visualiza a extensión, fai clic co botón dereito do rato sobre a icona do certificado e accede a "Propiedades".
Se non se pode marcar o recadro "Exportar a clave privada" o resultado sería unha copia non válida (o arquivo tería a extensión.cer e a icona sería un certificado sen ningunha chave). A clave privada é a información persoal que o certificado contén e sen a cal non é posible asinar.
Se a copia non fóra válida instalaríase na pestana "Outra persoas" en lugar de facero na pestana "Persoal" e o certificado non sería válido para traballar na páxina da AEAT. Se nalgún momento necesitas reinstalar (importar) o certificado e non dispós dunha copia válida deberás solicitar un novo certificado.