Subscrición a avisos informativos
Saltar índice da informaciónConsulta de avisos informativos
Podes consultar os teus datos comunicados á AEAT para a recepción de avisos informativos desde o servizo "Consulta de avisos informativos".
Dispós de varias alternativas de acceso a este servizo de consulta, se se trata dunha persoa física:
- Con certificado ou DNI electrónico
- Con Cl@ve
- Coa referencia de Renda que obtiveses na web ou na APP
Se se trata dunha persoa xurídica ou unha entidade sen personalidade xurídica, para acceder ao trámite de consulta de avisos requírese certificado de representante.
Desde aquí poderás comprobar os organismos aos que permaneces subscrito, "Axencia Tributaria "e "Tribunais Económico-administrativos", e verificarás o teléfono móbil e o enderezo de correo electrónico dados de alta para a recepción de avisos e as notificacións push. Tamén podes consultar o xustificante do último movemento realizado en formato PDF desde a opción "Xustificante".