Subscrición a avisos informativos
Saltar índice da informaciónXestión de usuario identificado erroneamente na aplicación móbil
Se estás dado de alta erroneamente nun dispositivo alleo por estar incluído na carteira doutro titular, podes enviar a túa reclamación desde a propia APP ou desde a web da AEAT mediante o servizo "Xestión de usuario identificado erroneamente na aplicación móbil".
O acceso a este servizo pode realizarse con certificado ou DNI electrónico, sistema Cl@ve ou ben co número de referencia de Renda proporcionada pola Axencia Tributaria.
A continuación terás acceso á xestión de dispositivos móbiles erróneos en relación á subscrición a avisos informativos da AEAT.
Rechea os datos do formulario de solicitude. Podes incluír arquivos adxuntos se o necesitas. Para continuar pulsa "Presentar".
Para finalizar pulsa "Asinar e Enviar".
Unha vez enviada a solicitude, verificarase a información e o titular do sistema de avisos recibirá unha comunicación coa información para achegar os datos correctos.