Pagamento de autoliquidacións con tarxeta ou Bizum
As declaracións e autoliquidacións esixidas pola normativa tributaria que supoñan un ingreso, e para as que non se seleccionase como forma de pagamento a domiciliación bancaria, necesitan para a súa correcta recepción pola Axencia Tributaria un NRC (Número de Referencia Completa): código que se xera para identificar o ingreso tributario realizado.
A Sede electrónica ofrece a posibilidade de obter un NRC a través da súa pasarela de pagamento mediante cargo en conta, con tarxeta en condicións de comercio electrónico seguro e Bizum.
Como realizar o pagamento
-
Unha vez confeccionada a declaración con resultado a ingresar que desexas presentar electronicamente, e coñecido polo tanto o importe da débeda, accede á opción "Pagar autoliquidacións" dentro de "Todas as xestións" do apartado "Pagar, aprazar e consultar" da nosa Sede electrónica e elixe "Autoliquidacións - Pagamento con tarxeta ou Bizum".

Outra alternativa para obter o NRC é enlazar coa pasarela de pagamento seleccionando a forma de pagamento que se corresponda con este tipo de pagamento e utilizando o botón de ligazón dispoñible en función do formulario ou programa do modelo que esteas presentando, no exemplo desta imaxe do modelo 100.

-
Selecciona o modelo (actualmente soamente dispoñible nalgúns modelos, como o Modelo 303 e Renda), os datos identificativos e económicos. Estes datos aparecerán xa completados se has enlazados desde o formulario ou programa do modelo concreto. A continuación, escolle o medio de pagamento entre "Pagamento con tarxeta" ou "Pagamento con Bizum" e, despois, pulsa "Aceptar datos e Continuar".

-
Mostrarase un resumo dos datos introducidos; comproba que os datos sexan correctos xa que unha vez realizado o ingreso non poderás anularo por Internet. Se é correcta marca o recadro "Conforme" e pulsa o botón "Asinar e Enviar".

-
A continuación, dependendo do tipo de pagamento seleccionado, con tarxeta ou con Bizum, deberás seguir estes pasos.
-
Pagamento con tarxeta
Obterás un resumo dos datos do pagamento que vas realizar para Axencia Estatal de Administración Tributaria (ESPAÑA), importe, data e modelo entre outros. Indica o número de tarxeta e o resto de datos que se solicitan. Pulsa "Pagar" e continúa coas instrucións que che ofreza a túa Entidade Financeira. Unha vez realizado o pagamento regresa á páxina da AEAT.

-
Pagamento con Bizum
Introduce o número de teléfono rexistrado en Bizum e pulsa o botón "Continuar coa compra ". Avísase de que cómpre ter o teléfono móbil preto para finalizar o pagamento xa que se dispón de 4 minutos para realizar a operación.


A continuación, no teléfono, o banco en que temos activo Bizum enviará unha notificación cos detalles do Bizum pendente e que necesitas autorizar; segue as instrucións da aplicación da túa Entidade Bancaria. A aparencia destas xanelas pode variar xa que depende da entidade bancaria coa que se teña asociado o servizo Bizum.

-
-
Se todo é correcto poderás ver en pantalla o NRC asignado. Trátase dun código de 22 caracteres que se xera como xustificante do pagamento para presentacións a través de Internet. Nesta páxina disporás de 2 opcións:
-
"Xustificante de Pagamento": descargarás en PDF o recibo do cargo en conta cun resumo dos datos do pagamento.
-
"Realizar Declaración": mediante esta opción enlazarás co trámite da Sede para o que obtiveches o NRC para finalizar a presentación.

-
Podes verificar se o pagamento se realizou e recuperar o NRC asociado ao devandito pagamento desde a nosa páxina web; no apartado "Pagar, aprazar e consultar", accede a todas as xestións e entra en "Consultar débedas".
Para a consulta do pagamento de autoliquidacións realizadas mediante TPV (tarxeta ou Bizum en condicións de comercio electrónico seguro) utiliza a ligazón "Autoliquidacións - Consulta dun pagamento anterior realizado con tarxeta ou Bizum" situado no apartado "Consulta pagamentos anteriores e Anulación Nrcs", para o que non se necesita ningún sistema de identificación para acceder. Esta opción permite consultar e recuperar o NRC dun pagamento con tarxeta e entidade colaboradora nesa operativa. Desde este servizo non hai opción de imprimir o xustificante, trátase dunha consulta en liña.

Outra alternativa de consulta é o trámite "Os meus pagamentos", para o que si se require identificación con Cl@ve Móbil, certificado/ DNI electrónico ou eIDAS; neste caso, mostraranse todos os pagamentos realizados polo obrigado tributario identificado e pulsando sobre a ligazón "Descargar" da columna "Xustificante" obterase o xustificante do pagamento realizado en PDF, onde poderás ver o NRC xerado.
Ten en conta que se o pagamento é por TPV, a Entidade Financeira non facilita o NRC.