Pagamento de autoliquidacións mediante cargo en conta. Obtención dun NRC
As declaracións e autoliquidacións esixidas pola normativa tributaria que supoñan un ingreso, e para as que non se seleccionase como forma de pagamento a domiciliación bancaria, necesitan para a súa correcta recepción pola Axencia Tributaria un NRC (Número de Referencia Completa): código de 22 caracteres que se xera para identificar o ingreso tributario realizado.
A Sede electrónica ofrece a posibilidade de obter un NRC a través da súa pasarela de pagamento mediante cargo en conta ou con cargo en tarxeta.
Para realizar o pagamento cómpre dispor de certificado ou DNI electrónico ou estar rexistrado no sistema de identificación Cl@ve.
Outro requisito indispensable será ter fondos depositados en entidades financeiras que ostenten a condición de Colaboradoras na recadación dos tributos e ofrezan aos seus clientes o servizo de cobramento a través de Internet. Podes consultar o listaxe de Entidades Bancarias adheridas a este convenio de colaboración, en función da forma de pagamento seleccionado (cargo en conta ou tarxeta), na ligazón "Ver Entidades adheridas a este servizo".
Actualmente non está permitido o pagamento de impostos mediante esta vía para contas mancomunadas. Este tipo de contas teñen que obter o NRC directamente na EEFF.
Como realizar o pagamento de autoliquidacións mediante cargo en conta
-
Unha vez confeccionada a declaración con resultado a ingresar que desexas presentar electronicamente, e coñecido polo tanto o importe da débeda, accede á opción de pagamento "Autoliquidacións" do apartado "Pagar, aprazar e consultar débedas" da nosa Sede electrónica e elixe a forma de pagamento mediante cargo en conta. Identificache con certificado, DNIE ou Cl@ve.
Outra alternativa para obter o NRC é enlazar coa pasarela de pagamento utilizando o botón "Realizar pagamento (Obter NRC )" que se habilitará no formulario para a presentación da declaración ao seleccionar a forma de pagamento que supoña un ingreso, xa sexa parcial ou total.
-
Selecciona o modelo e completa os datos identificativos e económicos. No pagamento con cargo en conta deberás achegar o código IBAN en que se efecturá o cargo. Despois, pulsa "Aceptar datos e Continuar". É posible que che ofrezamos a posibilidade de efectuar o pagamento nunha conta que xa utilizases noutro momento, mostrando os díxitos da mesma e non cumprirá consignar o IBAN completo senón unicamente marcar o recadro correspondente.
Se estás realizando o pagamento en nome dun terceiro utilizando a conta bancaria do titular da declaración (obrigado ao pagamento), deberás estar apoderado polo obrigado a realizar esta operación.
O rexistro deste apoderamento pode realizarse a través de Internet sempre que o mandante (que deberá ser o obrigado tributario) dispoña de certificado electrónico ou Cl@ve se se trata de persoa física. O apoderamento concreto para realizar este tipo de trámites é "PAGOAPODECCC - Pagamento mediante cargo en conta".
-
Mostrarase un resumo dos datos introducidos, comproba que os datos sexan correctos xa que unha vez realizado o ingreso non poderás anularo por Internet. Se é correcta marca o recadro "Conforme" e pulsa o botón "Asinar e Enviar".
-
Se todo é correcto poderás ver en pantalla o NRC asignado. Trátase dun código de 22 caracteres que se xera como xustificante do pagamento para presentacións a través de Internet. En está páxina disporás de 2 opcións:
-
"Xustificante de Pagamento": descargarás o recibo en PDF do cargo en conta cun resumo dos datos do pagamento.
-
"Realizar Declaración": mediante esta opción enlazarás co trámite da Sede para o que obtiveches o NRC para finalizar a presentación.
-
Se nalgunha ocasión non puideches obter o Número de Referencia NRC, por unha incidencia puntual, poderás recuperaro accedendo de novo á pasarela de pagamento, mostrarase unha xanela co botón "Recuperación do NRC "xunto ao texto "O cargo realizouse con éxito pero por problemas técnicos non se pode liberar o NRC, utilice a opción de Recuperación do NRC Este proceso non xerará cargos adicionais na súa conta". Este texto indica que a operación foi correcta e existe o cargo.
Este botón permite obter o NRC de forma inmediata e non xera novos cargos.
Para que se mostre o botón "Recuperación do NRC "débense cumprir estes requisitos:
-
Que esteas accedendo ao pagamento ou enlazando desde un formulario, coa Pasarela de Pagamentos da AEAT e non esteas accedendo pola opción de consulta dun pagamento anterior.
-
Que realizases o pagamento correctamente e exista cargo na Entidade Financeira.
-
Que non obtiveses en pantalla o NRC debido a unha incidencia, posiblemente moi puntual.
Se de forma persistente non podes recuperar o NRC, podes verificar se o pagamento se realizou e, se procede, recuperar o NRC na páxina "Consultar débedas" no apartado "Consulta pagamentos anteriores e Anulación Nrcs", facendo clic en "Autoliquidacións. Consulta dun pagamento anterior por cargo en conta". Hai que introducir exactamente os mesmos datos que se facilitaron para realizar o pagamento e, se este existe, obterase o NRC xerado que sirva de xustificante.
Lembra que se non dispós de certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve tes outras alternativas para obter o NRC :
-
Acudir a unha oficina da súa Entidade Bancaria e facilitar todos os datos relativos á autoliquidación. Non necesitas achegar ningún modelo, só os datos que se utilizan para a xeración do NRC e que son os mesmos que che solicitan para facer o pagamento (modelo, exercicio, período, NIF declarante, apelido e importe exacto do ingreso).
-
Mediante o servizo de banca electrónica se a Entidade Bancaria che ofrece esta posibilidade.
Se estás realizando o pagamento para outra persoa e non estás apoderado para utilizar a conta do obrigado ao pagamento, ten en conta que para poder obter o NRC a través da pasarela de pagamentos da AEAT deben coincidir o titular do certificado e o titular da conta como ordenantes do pagamento, pero o NIF que se facilite á Entidade Colaboradora para obter o NRC será sempre o do declarante ou obrigado tributario.