Erros numéricos
Saltar índice da informaciónCódigos de erro 4 XX
Os códigos de erro 400 adoitan aparecer cando se produce un erro na solicitude que impide ao noso servidor procesala.
As causas máis probables son:
- O certificado non foi asinado por unha autoridade recoñecida.
- O tipo de certificado non é válido para o servizo ao que se quere acceder.
- O certificado expirou.
No caso de que che apareza un erro deste tipo (salvo os erros 403 e 404), podes contactar co soporte técnico por calquera destas vías, indicándonos o código de erro que aparece e o trámite que estabas a intentar efectuar.