Erros numéricos
Saltar índice da informaciónErro 9003: Non está autorizado a realizar este trámite
A mensaxe de erro 9003 aparece cando ao acceder ao servizo Renda Web non está autorizado a realizar o trámite por calquera destes motivos:
- O titular do certificado electrónico é colaborador social e o seu convenio non autoriza a este servizo.
- O titular do certificado é empregado público e o seu convenio non autoriza a este servizo.
- Representación denegada debido a que accedes como apoderado e non hai rexistrado ningún apoderamento para o NIF dese contribuínte e este trámite en concreto.
- O titular do certificado é tanto apoderado para un determinado NIF como colaborador social. Está accedendo ao trámite como colaborador social pero ten prioridade sobre este o apoderamento polo que deberías entrar como apoderado.
Lembrámosche que podes contactar co soporte técnico, indicandonos o código de erro que aparece, o trámite que estabas intentando efectuar e o tipo de certificado electrónico seleccionado.