Funcionamento do formulario do modelo 360
Saltar índice da informaciónComo gardar e recuperar os datos das declaracións do modelo 360 mediante o formulario
A formalización do formulario do modelo 360 require completar a pantalla inicial, onde se capturan os datos básicos da solicitude. Cobre os datos básicos da solicitude e pulsar o botón "Aceptar".
Na parte inferior do formulario encóntranse os botóns coas opcións dispoñibles. Para gardar a información que cubriches fai clic en "Gardar", pode conter avisos ou erros e non cómpre que a declaración estea totalmente cumprimentada.
Gardarase nos servidores da AEAT para poder recuperaros nunha sesión posterior. Ten en conta que se xa existe unha declaración gravada anteriormente sobreescribirase.

Para recuperar a declaración previamente gardada, accede ao formulario de presentación do modelo 360 e cobre o formulario inicial cos mesmos datos da declaración que desexas recuperar. Pulsa "Aceptar".
Co modelo 360 cargado, fai clic no botón "Cargar" situado nos botóns da parte inferior.

Ao pulsar "Cargar" obtés un aviso que indica que se borrarán os datos introducidos ata o momento na declaración. Fai click en "Si" para continuar coa carga da declaración gardada.

A continuación, móstranse as declaracións almacenadas para escoller a desexada, seleccionaa e pulsa "Aceptar".
