Funcionamento do formulario do modelo 360
Saltar índice da informaciónComo gardar e recuperar os datos das declaracións do modelo 360 mediante o formulario
A formalización do formulario do modelo 360 require completar a pantalla inicial, onde se capturan os datos básicos da solicitude. Tras cubrir os datos básicos da solicitude e pulsar o botón "Enviar", accederás á primeira páxina do formulario cos datos consignados na captura de datos básicos.
Unha vez dentro do formulario, poderás gardar a información en calquera momento ao facer clic en "Gardar". Se non cubriches a solicitude completa, antes de permitir gardara obterás un aviso informando dos datos que faltan por cubrir, aínda que isto non impide o gardado.
Por defecto, gardarase na carpeta descargas que teña asignada o navegador, non obstante, podes seleccionar unha situación distinta. O ficheiro terá por nome o NIF do declarante.360.txt
Se cubriches correctamente o formulario, permite igualmente gardaro, sen avisos de validación.
Para recuperar un ficheiro previamente creado, accede ao formulario de presentación do modelo 360 e cobre o formulario inicial cos mesmos datos da declaración que desexas recuperar. Pulsa "Enviar".
Co modelo 360 cargado, fai clic en "Examinar" e busca o ficheiro NIF.360.txt gardado previamente. Tamén poderás importar un ficheiro xerado cun programa externo e que siga o deseño lóxico correcto publicado na web.
Se non gardaches os datos despois de seguir o proceso completo de anexar facturas ata que apareza o número de rexistro RGE, cando desexes recuperar o ficheiro non se terán esas facturas na declaración. En todo caso, sempre poderás cubrir os campos do formulario así como anexar as facturas manualmente.
Se existe algún problema na importación do ficheiro aparecerá unha mensaxe de información para volver ao programa de axuda e importar o ficheiro novamente. Asegurache de seleccionar o ficheiro.360.txt.
No referente á formalización do formulario, lembrámosche que no formulario web se admiten ata 202 operacións (101 páxinas, a dúas operacións por páxina) mentres que nunha presentación por ficheiro admítense ata 3000 operacións (1500 páxinas 2 por dúas operacións por páxina).