Modelo 036 e 037
Saltar índice da informaciónObtención de nova tarxeta acreditativa ou duplicado do NIF
Se desexas obter un duplicado do NIF, podes solicitalo directamente dende o trámite "Obtención de nova tarxeta acreditativa do NIF", que encontrará no listado de xestións dos modelos 036 e 037.
O acceso require identificación con certificado ou DNI electrónico ou con Cl@ve PIN do titular.
Na ventá inicial mostraranse os datos identificativos que están asociados ao titular se se accede en nome propio ou do representado se se accede en nome de terceiros.Revisa que son correctos e pulsa "Xerar tarxeta NIF".
A continuación obtense o xustificante cos datos identificativos, tanto do titular coma do presentador, a data e hora da operación, o código seguro de verificación e o enlace directo ao PDF coa tarxeta dende a opción "Visualizar xustificante".
Se pulsas "Visualizar xustificante", obterás un documento en PDF que poderás gardar e imprimir, coa comunicación emitida e a propia tarxeta identificativa na parte inferior.