Modelo 036 e 037
Saltar índice da informaciónPresentación en papel do modelo 036
Para a presentación en papel do modelo 036 accede ao formulario "Cumplimentacion, validación e obtención en PDF para a súa impresión 036", dentro da relación de trámites dos "Modelos 036 e 037".
O acceso non require identificación con Cl@ve PIN ou certificado electrónico. O formulario cúmprese en liña e, logo de validación polo servidor da AEAT , obtense o PDF da declaración para imprimir e presentalo nas oficinas da AEAT.
Nota: Como indica no aviso, o modelo 036 en PDF ten carácter de borrador e non ten validez ata que non sexa presentado nas oficinas da AEAT.Polo tanto, a data efectiva de presentación será a da súa presentación imprimida na oficina da AEAT.
Este borrador poderá utilizarse exclusivamente no prazo dun mes dende a súa validación.Transcorrido o devandito prazo sen que se presentase procederase á súa eliminación.
Ao cumprir o modelo debes utilizar os carácteres incluídos na seguinte lista:
CARÁCTER | TEXTO | CÓDIGO DECIMAL | CÓDIGO HEX. |
---|---|---|---|
Branco | 32 | 20 | |
& | Ampersand | 38 | 26 |
‘ | Comiña | 39 | 27 |
( | Paren.Drcho. | 40 | 28 |
) | Paren.Esq. | 41 | 29 |
, | Coma | 44 | 2C |
- | Guión | 45 | 2D |
. | Punto | 46 | 2E |
/ | Barra | 47 | 2F |
0-9 | Números | 48-57 | 30-39 |
: | Dous puntos | 58 | 3A |
; | Punto e coma | 59 | 3B |
A-Z | Letras | 65-90 | 41-5A |
_ | Guión baixo | 95 | 5F |
Ç | Cedilla | 199 | C7 |
" | Dobre comiña |
O caracter @ tamén se pode utilizar no campo email.
Na parte superior do formulario encóntranse os botóns e accesos ao resto das páxinas do formulario.
Mediante o botón "Examinar..."podes importar un ficheiro xerado cun programa externo.Este ficheiro debe estar construído en texto plano (.txt) sen formato e debe adecuarse ao deseño lóxico do modelo en vigor.
Se non dispós dun ficheiro coa cumprimentación, deberás consignar a causa ou causas que motivan a presentación da declaración e as páxinas correspondentes á causa ou causas marcadas previamente.
O formulario do modelo 036 permite tamén gardar a declaración xerada para recuperala posteriormente.Dende a opción "GARDAR" gardarase un ficheiro de tipo NIF036.txt na carpeta "Descargas" ou na situación que estea predeterminada no navegador.
Unha vez rematada a cumprimentación, deberás validalo.Require ter instalado un visor de documentos PDF.Na parte inferior do formulario fai clic en "Validar".
Xerarase un documento PDF (incorporando o número de xustificante, número de referencia, data e hora) coas follas do modelo censual nas que se consignou algún dato.Poderá gardarse no ordenador persoal e deberá imprimirse para a súa presentación na Administración ou Delegación correspondente ao domicilio fiscal, acompañado da documentación oportuna en cada caso, onde se completará a gravación do modelo censal.
Se existn dúbidas na cumprimentación consulta as instrucións do modelo.Tamén podes chamar ao teléfono 901 33 55 33 / 91 554 87 70 de Información Tributaria ou consultar persoalmente na Delegación ou Administración.