Modelo 840 e 848
Saltar índice da informaciónPresentación electrónica do modelo 840
O acceso a "Modelo 840:Cumprimentación e presentación telemática" debe realizarse con certificado electrónico cuxo titular sexa o declarante, un colaborador social ou un apoderado para realizar este trámite.
Se non ha de achegar documentación, pode tamén realizar a presentación en papel a través da descarga do formulario que encontrará en "Información e axuda" xunto coas instrucións de cumprimentación.
Na botoeira da parte superior do modelo vense as diferentes páxinas da declaración e das opcións para "Importar datos de ficheiro", "Nova declaración", "Gravar ficheiro" y "Enviar".
Mediante o botón "Optativo: Gravar ficheiro" pode gardarse unha declaración cuberta e correcta para presentala noutro momento ou dende outro equipo.
Gardarase un ficheiro de tipo NIF.840.txt na carpeta "Descargas" do seu equipo ou no directorio que estea predeterminado no navegador.
A opción "Optativo:Importar datos de ficheiro.Examinar" permite importar o ficheiro previamente gardado dende o propio formulario ou xerado cun programa alleo á AEAT . Este ficheiro debe ser de texto e adecuarse ao deseño lóxico publicado para o modelo en vigor.Os deseños de rexistro estan publicados na web.
Pulsando o botón "Examinar"podes seleccionar o ficheiro dende a situación na que estea gardado.
Unha vez cuberta a declaración, fai clic en "Enviar" para realizar a presentación telemática.
Se neste paso se detectan erros na información cumprida, poderás ver a descrición dos erros detectados na parte superior da pantalla.
Se non se detectan erros, aparecerá unha pantalla coas opcións "Consulta de declaración" (mostra un borrador da declaración non válido para a súa presentación) e "Presentación da declaración". Fai clic nesta última para continuar coa presentación
Na seguinte ventá marca a casa "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
O resultado dunha presentación correcta será un xustificante de presentación cun PDF incrustado, que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e a copia completa da declaración nas seguintes páxinas.
Se desexas presentar documentación complementaria ao modelo presentado, accede con certificado electrónico ou Cl@ve PIN a través da opción "Achegar documentación complementaria, modelo 840".Esta aplicación permite a transmisión de documentos en diversos formatos que irán vinculados á declaración mediante o número de expediente ou a referencia electrónica.
Se non has de achegar documentación, podes tamén realizar a presentación en papel a través da descarga do formulario do modelo.