Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto sobre Sociedades 2019

4.2.62 Claves 01018 e 01019 unión temporal de empresas (UTE), axustes por criterios de imputación temporal (Artigo 46.2 LIS)

Segundo o que se dispón no artigo 46.1 da LIS, as imputacións das unións temporais de empresas que tributan polo réxime especial regulado no Capítulo II do Título VII da LIS , efectuaranse ás persoas ou entidades que ostenten os dereitos económicos inherentes á calidade de socio ou de empresa membro o día da conclusión do período impositivo da entidade sometida o devandito réxime, na proporción que resulte dos estatutos da entidade.

Con esta finalidade, o artigo 46.2 da LIS establece que a imputación se efectuará:

  • Cando os socios ou empresas membros sexan entidades sometidas a este réxime, na data de finalización do período impositivo da entidade sometida a este réxime.

  • Nos demais supostos, no seguinte período impositivo, non sendo que se decida facero de maneira continuada na mesma data de finalización do período impositivo da entidade sometida a este réxime.

A opción manifestarase na primeira declaración do imposto en que teña que producir efecto e deberá manterse durante tres anos.

Polo tanto, se en aplicación do que se dispón no artigo 46.2 da LIS a imputación proce­dente da UTE aos seus socios, lévase a cabo no seguinte período impositivo ao de finaliza­ción do período impositivo da UTE , consignaranse nas claves [01018] e [01019] todos os axustes que correspondan polas imputacións do artigo 43 da LIS .

Igualmente, incluiranse nestas claves, cubrindo, se é o caso, as súas correspondentes casas de desagregación, o axuste para os efectos de anular o importe incorporado no seu resultado contable da entidade membro procedente da súa participación na UTE, aínda que este se realice nun período impositivo distinto ao de integración na súa declaración das imputacións que lle correspondan.