Saltar ao contido principal
Modelo 200. Declaración do Imposto sobre Sociedades 2019

9.6.2.6 Activos por imposto diferido (AID) pendentes de aplicación en períodos futuros

Na columna «Con dereito a conversión en crédito (art. 130.6 b) LIS consignaranse os importes dos activos por imposto diferido pendentes de aplicación en períodos futuros que teñan dereito a conversión por suficiencia de cota líquida positiva correspondente ao período impositivo da súa xeración, de acordo co que se establece no parágrafo primeiro do artigo 130.1 da LIS .

Son aqueles activos por imposto diferido recollidos na columna «Con dereito a conversión en crédito esixible (art. 130.6 b) LIS)» do bloque « AID pendentes de aplicación a principio do período/xerados no propio período, unha vez deducidos os activos por imposto diferido aplicados no período por integración de dotacións na liquidación e os activos por imposto diferido convertidos en crédito esixible no período.

Con esta finalidade, nas claves [01549], [01558], [01760] e [02274se consignará o importe daqueles activos por imposto diferido xerados en 2016, 2017, 2018 e 2019, respectivamente, pendentes de aplicación en períodos futuros, que teñan dereito a conversión por suficiencia de cota líquida positiva no período impositivo de xeración.

Na columna «Con dereito a conversión en crédito esixible por exceso cota outros períodos (art. 130.1 e 6 b) LIS)» consignaranse os importes dos activos por imposto diferido pendente de aplicación en períodos futuros que adquirisen o seu dereito a conversión por aplicación do exceso de cota líquida positiva doutro período.

O seu importe vén da columna «Con dereito a conversión en crédito esixible por exceso de cota doutros períodos (art. 130.1 e 6 b) LIS)» do bloque «AID pendentes de aplicación a principio do período/xerados no propio período», unha vez deducidos os activos por imposto diferido aplicados no período por integración de dotacións na liquidación e os activos por imposto diferido convertidos en crédito esixible no período.

Con esta finalidade, nas claves [01550], [01559], [01761] e [02275se consignará o importe dos activos por imposto diferido xerados en 2016, 2017, 2018 e 2019, respectivamente, pendentes de aplicación en períodos futuros, que adquirisen o dereito de conversión por aplicación do exceso de cota líquida positiva correspondente a outros períodos impositivos.

Na columna «Sen dereito a conversión en crédito esixible (art. 130.6 c) LIS)», consignarase nas claves [01551], [01560], [01762] e [00276] o importe total dos activos por imposto diferido xerados en 2016, 2017, 2018 e 2019, respectivamente, e pendentes de aplicar en períodos futuros, sobre os que non se pode exercer o dereito de conversión en crédito esixible, segundo o que se dispón no artigo 130.6 c) da LIS .

Para ter en conta:

En todo o apartado, débese ter en conta que as claves correspondentes á fila «2019 (*)» só deben cubrirse no caso en que a entidade teña dotacións pendentes de integrar correspondentes a un período impositivo iniciado en 2019, anterior ao que agora é obxecto de declaración.