3.2 Renuncia
Os contribuíntes que cumpran os requisitos para aplicar o método de estimación directa simplificada ou o método de estimación obxectiva, poderán renunciar á súa aplicación presentando o modelo 036 de declaración censual.
Cando debe renunciar: durante o mes de decembro anterior ao ano natural en que deba producir efecto.
Os contribuíntes que apliquen o método de estimación obxectiva en IRPF e queiran renunciar expresamente ao mesmo, ou que apliquen o método de estimación directa por renunciar a estimación obxectiva e queiran revogar expresamente a renuncia para o ano 2026 poden facero no mes de decembro de 2025 (coa presentación da correspondente declaración censual) e ata o 16 de febreiro de 2026.
As renuncias e revogacións presentadas para o ano 2026, durante o mes de decembro de 2025 ou en xaneiro de 2026 durante o período de vixencia do Real Decreto-lei 16/2025, do 23 de decembro, entenderanse presentadas en período hábil. Non obstante, os suxeitos pasivos poderán modificar a súa opción do 5 ao 16 de febreiro de 2026.
Tamén se entenderá efectuada a renuncia cando se presente no prazo regulamentario (1 ao 20 de abril de 2026) a declaración correspondente ao pagamento fraccionado-modelo 130 - do primeiro trimestre do ano 2026 (renuncia tácita).
Non obstante, non se admite a revogación tácita (presentando no primeiro trimestre o modelo 131). A única forma de revogar a renuncia ao método de estimación obxectiva é a través do modelo de declaración censual (revogación expresa).
En caso de inicio da actividade preséntase a renuncia antes do inicio. Se se inicia a actividade renunciarase tacitamente presentando o modelo 130 do primeiro trimestre de exercicio da actividade.
A renuncia terá efectos por un mínimo de 3 anos. Transcorrido este prazo, entenderase prorrogada tacitamente para cada un dos anos seguintes en que resulte aplicable, non sendo que se revogue aquela no mes de decembro anterior ao ano en que deba producir efecto.
DANA 2024: de forma excepcional, os contribuíntes que en 2024 renunciaron ao método de estimación obxectiva como consecuencia dos danos provocados pola Depresión Illada de Niveis Altos (DANA) nos municipios relacionados no Anexo do Rela Decreto-lei 6/2024, do 5 de novembro, poderán volver tributar en 2025 no método de estimación obxectiva sempre que cumpran os requisitos para a súa aplicación. Esta posibilidade recoñécese no artigo 12 do Real Decreto-lei 7/2024, e permite revogar a renuncia efectuada en 2024, sen que resulte aplicable o prazo xeral de vinculación obrigatoria de tres anos.
Listaxe de municipios afectados pola DANA
A renuncia ao método de estimación obxectiva no IRPF e a posterior revogación a que se refiren os parágrafos anteriores terá os mesmos efectos respecto dos réximes especiais simplificado e da agricultura do IVE.
A renuncia e a posterior revogación aos réximes especiais simplificados e de agricultura, gandaría e pesca do IVE poderanse realizar desde o 05 de febreiro ata o 16 de febreiro de 2026. (Novidade para o exercicio 2026)
As renuncias e revogacións presentadas para o ano 2026 durante o mes de decembro de 2025 ou en xaneiro de 2026, entenderanse presentadas en período hábil. Non obstante, os contribuíntes afectados poderán modificar a súa opción no prazo indicado no parágrafo anterior.
A renuncia ao método de estimación directa simplificada supón que o contribuínte determinará o rendemento neto de todas as súas actividades pola modalidade normal do método de estimación directa.
A renuncia ao método de estimación obxectiva supón a inclusión na modalidade simplificada do método de estimación directa se se cumpren os requisitos establecidos para esta modalidade, non sendo que se renuncie ao mesmo.