3.3 Exclusión
En e stimación directa modalidade simplificada a exclusión do método prodúcese cando no ano anterior o importe neto da cifra de negocios para o conxunto de todas as actividades desenvolvidas polo contribuínte supere 600.000 €.
O contribuínte, en tal caso, determinará o rendemento de todas as súas actividades pola modalidade normal, do método de estimación directa, como mínimo durante os 3 anos seguintes.
En e stimación obxectiva a exclusión prodúcese cando supere o volume de rendementos íntegros ou de compras en bens e servizos, fixados legais e regulamentariamente, cando a actividade se desenvolva fóra do ámbito de aplicación espacial do IRPF ou cando supere os límites establecidos na Orde Ministerial de desenvolvemento deste réxime.
A exclusión deste método de estimación obxectiva suporá a inclusión na modalidade simplificada do método de estimación directa, durante os 3 anos seguintes, non sendo que se renuncie ao mesmo.