3.4.2 Obrigas contables e rexistrais
Actividades mercantís: contabilidade axustada ao Código de Comercio e ao Plan Xeral de Contabilidade.
Actividades non mercantís de acordo co Código de Comercio (agrícolas, gandeiras e as de artesanía, entendendo por tales as vendas de obxectos construídos por artesáns cando se realicen por estes nos seus talleres): libros rexistro de vendas e ingresos, de compras e gastos e bens de investimento.
Actividades profesionais: libros rexistro de ingresos, de gastos, de bens de investimento e de provisións de fondos e suplidos.
Desde o 1 de xaneiro de 2019 estes libros son obrigatorios, aínda que se leve voluntariamente a contabilidade axustada ao Código de Comercio.