3.5.2 Cálculo do rendemento neto
O rendemento neto calcúlase conforme ás normas do IS (ingresos menos gastos) como en estimación directa normal, coas seguintes particularidades:
-
As provisións deducibles e os gastos de difícil xustificación cuantifícanse aplicando un 5 % do rendemento neto positivo, excluído este concepto sen que a contía resultante poida superar 2000 €/ano. Non se aplicará cando se opte pola redución polo exercicio de determinadas actividades económicas. Para 2023 a porcentaxe será do 7 %.
-
As amortizacións do inmobilizado material practícanse de forma lineal, en función da táboa específica de amortización simplificada sen prexuízo de que sexan de aplicación dos supostos de liberdade de amortización establecida no IS.
Ao rendemento neto así calculado seranlle de aplicación, se procede, a redución por rendementos xerados en máis de dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, a redución do rendemento neto aplicable ás actividades económicas que cumpran certos requisitos, a redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 € ou a redución por inicio de actividade, conforme ás normas sinaladas na modalidade normal do método de estimación directa.