3.6.2 Cálculo do rendemento neto
O rendemento neto calcúlase segundo a Orde anual que desenvolve este método, multiplicando os importes fixados para os módulos, polo número de unidades das mesmas empregadas, ou multiplicando o volume total de ingresos polo índice de rendemento neto que corresponda en actividades agrícolas, gandeiras e forestais. A contía deducible por amortización do inmobilizado resulta de aplicar a táboa de amortización da devandita Orde. Se se cumpren os requisitos, minorarase polo exercicio de determinadas actividades económicas.
Cálculo do rendemento neto en actividades agrícolas, gandeiras e forestais:
FASE 1
VOLUME TOTAL DE INGRESOS ÍNTEGROS (incluídas subvencións, indemnizacións e axuda PAC pagamento único)
Desde 2023 o índice que hai que aplicar sobre as axudas será o 0,56 cando os ingresos das actividades agrícolas e gandeiras, distintos da axuda, sexan inferiores ao 25 %do total de ingresos. En caso contrario, as axudas acumularanse aos ingresos dos cultivos ou explotacións.
(x) ÍNDICE DE RENDEMENTO NETO
= RENDEMENTO NETO PREVIO
FASE 2
(-) REDUCIÓN POR ADQUISICIÓN DE GASÓLEO AGRÍCOLA: 35 % para actividades agrícolas e gandeiras para IRPF 2022, 2023 e 2024
(-) REDUCIÓN POR ADQUISICIÓN DE FERTILIZANTES: 15 % para actividades agrícolas e gandeiras para IRPF 2022, 2023 e 2024
(-) AMORTIZACIÓN DO INMOBILIZADO MATERIAL E INTANBIGLE (excluídas actividades forestais)
= RENDEMENTO NETO MINORADO
FASE 3
(x) ÍNDICES CORRECTORES (segundo o tipo de actividade e determinadas circunstancias)
= RENDEMENTO NETO DE MÓDULOS
FASE 4
(-) REDUCIÓN DE CARÁCTER XERAL: 25% para a declaración de IRPF do exercicio 2022, 10% para a declaración de IRPF do exercicio 2023 e 5% para a declaración de IRPF do exercicio 2024
(-) REDUCIÓN 25% MOZOS AGRICULTORES
(-) REDUCIÓN ESPECIAL PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS NA ILLA DE LA PALMA: 20% para IRPF 2022, 2023 e 2024
(-) GASTOS EXTRAORDINARIOS POR CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS (incendios, inundacións, afundimentos, etc. comunicadas á AEAT en tempo e forma)
= RENDEMENTO NETO DA ACTIVIDADE
FASE 5
(-) REDUCIÓN RENDAS IRREGULARES: 30% (rendementos xerados en máis de 2 anos ou obtidos de forma notoriamente irregular)
= RENDEMENTO NETO REDUCIDO DA ACTIVIDADE
Cálculo do rendemento neto no resto de actividades:
FASE 1
UNIDADES DE MÓDULO EMPREGADAS, UTILIZADAS Ou INSTALADAS
(x) RENDEMENTO ANUAL POR UNIDADE DE MÓDULO (antes de amortización)
= RENDEMENTO NETO PREVIO
FASE 2
MINORACIÓNS:
(-) INCENTIVOS AO EMPREGO
(-) INCENTIVOS AO INVESTIMENTO (amortizacións)
= RENDEMENTO NETO MINORADO
FASE 3
(x) ÍNDICES CORRECTORES (segundo a actividade e determinadas circunstancias)
= RENDEMENTO NETO DE MÓDULOS
FASE 4
(-) REDUCIÓN XERAL DO RENDEMENTO NETO DE MÓDULOS: 15% para a declaración de IRPF do exercicio 2022, 10% para a declaración de IRPF do exercicio 2023 e 5% para a declaración de IRPF do exercicio 2024
(-) REDUCIÓN ESPECIAL PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN LORCA: 20 %
(-) REDUCIÓN ESPECIAL PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS NA ILLA DE LA PALMA: 20% para IRPF 2022, 2023 e 2024
(-) GASTOS EXTRAORDINARIOS POR CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS (Incendios, inundacións, afundimentos, etc. comunicadas á AEAT en tempo e forma)
(+) OUTRAS PERCEPCIÓNS EMPRESARIAIS (Subvencións e determinadas indemnizacións)
= RENDEMENTO NETO DA ACTIVIDADE
FASE 5
(-) REDUCIÓN RENDAS IRREGULARES: 30% (en xeral, os de xeración superior a 2 anos e, en particular, as establecidas regulamentariamente)
= RENDEMENTO NETO REDUCIDO DA ACTIVIDADE