3.8 Declaración anual de Renda
A partir de 2023, están obrigados a presentar a declaración polo IRPF todas aquelas persoas físicas que en calquera momento do período impositivo estivesen de alta, como traballadores por conta propia ou autónomos:
- no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónoma, ou
- no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar
En ambos os dous casos, calquera que sexa a contía dos seus rendementos.
Están afectados pola devandita obriga os traballadores por conta propia ou autónomos, incluídos os familiares colaboradores, que estean dados de alta nos réximes indicados.
Neste sentido, cabe lembrar que desde 2023 variou o cálculo das súas cotas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA):
- Cotizan en función dos seus rendementos anuais e elixen unha cotización mensual segundo os rendementos previstos,
- No exercicio seguinte regularizan, no recadro correspondente da declaración, segundo os rendementos reais obtidos, resultando en concepto de cotas do RETA:
- un importe adicional a satisfacer, que é maior gasto deducible no exercicio seguinte.
- a devolver, tratarase como menor gasto deducible por cotas satisfeitas á Seguridade Social nese exercicio seguinte. Se o importe supera o das cotas satisfeitas á Seguridade Social, o exceso deberá reflectirse como un maior rendemento nese exercicio.
Con efectos do 1 de xaneiro de 2025 esta cotización en función dos rendementos da actividade non se aplicará aos Socios de cooperativas.
A declaración do IRPF, modelo D-100, preséntase para a Renda 2025 desde o 8 de abril ata 30 de xuño de 2026 (ano seguinte ao exercicio que se declara).
Se a declaración é a ingresar, pódese efectuar o ingreso nun ou dous prazos:
Pódese domiciliar en conta ata o 25 de xuño de 2026 (con cargo o último día do prazo). Se se opta por efectuar o ingreso en dous prazos e o segundo prazo non se domicilia, debe presentarse o modelo 102 e efectuar o ingreso ata o 5 de novembro do 2026 para a Renda 2025.