4.4.1 Exención
Ao obxecto de evitar a dobre imposición, a normativa do IS conta coas seguintes medidas relativas ao método de exención:
-
O método de exención para evitar a dobre imposición económica interna e internacional sobre dividendos e rendas derivadas da transmisión de valores representativos do capital de entidades, tanto residentes en territorio español como no estranxeiro.
-
O método de exención para evitar a dobre imposición xurídica internacional sobre as rendas obtidas no estranxeiro a través de establecementos permanentes
A Lei 27/2014 do Imposto sobre Sociedades incorpora un réxime de exención xeral para participacións significativas, aplicable tanto no ámbito interno coma internacional, eliminando neste segundo ámbito o requisito relativo á realización de actividade económica, aínda que se incorpora un requisito de tributación mínima que se establece no 10 %de tipo nominal, entendendose cumprido este requisito no suposto de países cos que se subscribise un Convenio para evitar a dobre imposición internacional.
A partir do 1 de xaneiro de 2021, para entender que é a participación significativa, elimínase o requisito alternativo de que o valor de adquisición da participación fóra superior a 20 millóns de euros e o importe que resultará exento será do 95 %do devandito dividendo ou renda. Esta limitación NON se aplicará a empresas que teñan un importe neto da cifra de negocios (INCN) inferior a 40 millóns de euros e que non formen parte dun grupo mercantil, durante un período limitado a tres anos, cando procedan dunha filial, residente ou non en territorio español, constituída con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021.