4.5 Bonificacións
Para calcular a cota íntegra axustada positiva aplícanse sobre a cota íntegra as seguintes bonificacións (con requisitos), ademais das mencionadas deducións para evitar a dobre imposición.
Destácanse:
-
50% de bonificación da cota do IS correspondente a rendas obtidas en Ceuta, Melilla, polas entidades que alí operen.
-
50% de bonificación da cota do IS correspondente a resultados obtidos polas cooperativas especialmente protexidas.
-
40% de bonificación da cota íntegra correspondente ás rendas derivadas do arrendamento de vivendas que cumpran os requisitos esixidos para aplicar este réxime fiscal especial.
-
99% de bonificación da cota íntegra correspondente ás rendas derivadas da prestación de servizos públicos locais cando se presten en réxime de xestión directa mediante empresa privada de capital integramente público e non sendo que se explote por sistema de empresa mixta ou de capital integramente privado.