Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas. Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español
Procesando...

4.6 Deducións para incentivar determinadas actividades

Na LIS regúlanse unha serie de deducións coa finalidade de incentivar determinadas actividades, practícanse tras as deducións para evitar a dobre imposición e as bonificacións. Só é deducible unha porcentaxe do investimento efectuado (% de dedución) cuxo valor varía dunhas modalidades a outras de investimento.

Actualmente recóllense os seguintes incentivos fiscais:

  • Investigación e desenvolvemento.

  • Innovación tecnolóxica.

  • Producións cinematográficas, series audiovisuais e espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais. A partir do 1 de xaneiro de 2021 esténdese a aplicación desta dedución (agás producións estranxeiras) a contribuíntes que participen no financiamento das devanditas producións.

  • Creación de empleopara traballadores con discapacidade.

  • Investimentos realizados polas autoridades portuarias.

  • Contribucións empresariais a sistemas de previsión social empresarial.

  • Investimento en beneficios e reinvestimento de beneficios extraordinarios.

As Leis de Orzamentos de cada ano son as que poden establecer os incentivos fiscais oportunos para a execución da política económica.