4.7 Retencións e ingresos a conta
Practicadas as deducións por investimentos sobre a cota íntegra axustada positiva ou cota íntegra minorada, óbténse a cota líquida positiva do exercicio (cero ou positiva). A esta cantidade se lle restan as retencións e ingresos a conta, dando lugar á cota do exercicio a ingresar ou devolver.
Con carácter xeral, están obrigadas a reter as entidades, as persoas físicas que exerzan actividades económicas e os non residentes que operen en España mediante establecemento permanente, que satisfagan rendas suxeitas ao IS.
Están sometidas, entre outras, a retención :
-
Rendas de capital mobiliaria.
-
Premios de xogos, concursos, rifas ou combinacións aleatorias, estean ou non vinculados á oferta, promoción ou venda de determinados bens, produtos ou servizos ou venda de determinados bens, produtos ou servizos e os premios de lotarías e apostas que estean suxeitos e non exentos do gravame especial de determinadas lotarías e apostas.
-
Contraprestacións obtidas polos cargos de administrador ou conselleiro noutras sociedades.
-
Rendas obtidas da cesión do dereito á explotación da imaxe ou do consentimento ou autorización, aínda cando se obteñan no desenvolvemento dunha actividade económica.
-
Rendas procedentes do arrendamento ou subarrendo de inmobles urbanos, aínda cando constitúan ingresos derivados de explotacións económicas.
-
Rendas obtidas polas transmisións ou reembolsos de accións ou participacións representativas do capital ou patrimonio de institucións de investimento colectivo.
Así mesmo, cando as rendas anteriores se aboen en especie, deberá practicarse o correspondente ingreso a conta .