5.10.1 Obriga de facturar
Os empresarios e profesionais están obrigados a emitir factura polas entregas de bens e prestación de servizos que realicen en desenvolvemento da súa actividade, así como, a conservar copia das mesmas. Tamén se expedirá factura nos pagamentos anticipados, agás nas entregas intracomunitarias de bens exentos.
Entre outras, exceptúase da obriga de expedir factura por algunhas operacións exentas do IVE, cando se apliquen os réximes especiais de recarga de equivalencia (agás polas entregas de inmobles suxeitas e non exentas ao Imposto (isto é cando teña lugar a primeira transmisión do inmoble), simplificado do IVE (agás determinación de cotas por volume de ingresos) e agricultura, gandaría e pesca (substitúese polo “recibo agrícola ”).