5. Imposto sobre o valor engadido
Están suxeitas ao IVE as entregas de bens e prestacións de servizos realizados en territorio de aplicación do imposto por empresarios ou profesionais a título oneroso, no desenvolvemento das súas actividades económicas. Son suxeitos pasivos do mesmo as persoas físicas, persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica.
O IVE aplícase no territorio peninsular español e as Illas Baleares, con inclusión das illas adxacentes, o mar territorial ata o límite de 12 millas náuticas e o espazo aéreo correspondente a todos estes territorios.
Exclúense do ámbito do imposto o Arquipélago Canario, Ceuta e Melilla.
As operacións suxeitas ao IVE non éstáno en concepto “transmisións patrimoniais onerosas” do ITPAJD. Ambos os dous impostos son incompatibles entre si: o IVE grava as operacións empresariais e o ITPAJD as non empresariais.
Ligazón a información e trámites de IVE
Ligazón ás ferramentas de asistencia virtual de IVE
A Sede electrónica da Axencia Tributaria incorpora o «Asistente Virtual de IVE» mediante o cal poderás obter respostas de forma interactiva a cuestións relacionadas co IVE A información se completa con outras Ferramentas de asistencia virtual de IVE (localizadores, cualificador inmobiliario, calculadoras e axudas para a confección dos modelos 303 e 390), que permiten resolver dúbidas sobre operacións de comercio exterior, inmobiliarias, a porcentaxe de dedución así como a formalización dos modelos 303 e 390.
Para consultar se unha venda ou alugamento de inmobles tributa por IVE ou por ITP, ver «Cualificador de Operacións Inmobiliarias».
- 5.1 Actividades non suxeitas e actividades exentas do IVE
- 5.2 Réximes de tributación
- 5.3 Réxime xeral
- 5.4 Réxime especial simplificado
- 5.5 Réxime especial da recarga de equivalencia
- 5.6 Réxime especial da agricultura, gandaría e pesca (REAG e P)
- 5.7 Réxime especial do criterio de caixa
- 5.8 Réximes especiais aplicables aos suxeitos pasivos que presten servizos a persoas que non teñan a condición de suxeitos pasivos, que efectúen vendas a distancias de bens e certas entregas interiores de bens
- 5.9 Operacións intracomunitarias
- 5.10 As facturas
- 5.11 A Subministración Inmediata de Información (SII)