5.10.3 Prazo de expedición e envío de facturas
A factura expedirase e enviará no momento de realizar a operación se o destinatario non é empresario ou profesional. En caso contrario, deberá expedirse e remitirse antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación da operación (ou iniciado a expedición ou transporte de entregas intracomunitarias de bens).
Nas operacións acollidas ao réxime especial do criterio de caixa, a factura expedirase e remitirá cando se realicen as operacións, agás se o destinatario é empresario ou profesional, en cuxo caso deberá expedirse e remitirse antes do día 16 do mes seguinte ao que se realizase a operación.
Nas entregas intracomunitarias de bens exentos que non sexan operacións de tracto sucesivo ou continuado as facturas expediranse antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se inicie a expedición ou o transporte dos bens.
Facturas recapitulativas: poderán incluírse nunha soa factura distinta operacións realizadas en distintas datas, para un mesmo destinatario, se se efectuaron dentro dun mesmo mes natural. Expediranse como máximo o último día do mes natural en que se efectuasen as operacións. Se destinatario é un empresario ou profesional que actúe como tal, a expedición debe realizarse antes do día 16 do mes seguinte a aquel no curso do que se realizasen as operacións.