5.10.5 A factura electrónica
A factura electrónica é a que foi expedida e recibida en formato electrónico (XML, PDF, DOC…), que substitúe ao documento en papel, e conserva o mesmo valor legal cunhas condicións de seguridade.
Para garantir a autenticidade da orixe e a integridade do contido da factura, co fin de establecer a necesaria conexión entre a factura e a operación que documenta, poderase utilizar a sinatura electrónica avanzada, EDI e outros medios aprobados pola Axencia Tributaria que aseguran a autenticidade e integridade.
Para enviar facturas electrónicas cómpre o consentimento expreso ou tácito do destinatario. Neste último caso, por exemplo, constatando o acceso á páxina web ou portal electrónico do expedidor, en que se pon á súa disposición as facturas electrónicas e non se comunicou o seu rexeitamento á súa recepción. En calquera momento o destinatario que reciba facturas ou documentos substitutivos electrónicos poderá comunicar ao provedor o seu desexo de recibiros en papel.
Obtido o ficheiro da factura coa súa sinatura, pódese enviar ao destinatario por correo electrónico, por FTP…
O destinatario debe conservar de forma ordenada, no mesmo formato e soporte orixinal en que estas foron remitidas, as facturas. Iso implica:
-
Dispor do software que permita verificar a validez da sinatura.
-
Almacenar os ficheiros das facturas e as sinaturas asociadas a cada unha delas .
-
Permitir o acceso completo e sen demora.
Se se recibiron facturas en papel, o destinatario poderá optar por converteras e conservaras en formato electrónico. Se se recibiron facturas en formato electrónico, o destinatario poderá optar por converteras e conservaras en formato papel.