Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas. Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español

5.8.1 En que consiste

Este réxime especial de IVE é coñecido como réxime do portelo único (OSS) e está constituída por tres  réximes opcionais  que simplifican as obrigas formais en materia de IVE para os empresarios ou profesionais que entregan bens e / ou prestan servizos a consumidores finais por toda a UE, xa que permite que os mesmos non teñan que identificarse e darse de alta en cada Estado membro en que repercuten IVE (Estado membro de consumo), senón que poderán:

  • rexistrarse para os efectos de IVE electronicamente nun só Estado membro para todas as vendas de bens e servizos, que reúnen os requisitos, realizadas a clientes situados en calquera dos outros Estados membros;

  • presentar unha única declaración do IVE electrónico no Estado membro de identificación e liquidar nun único pagamento o IVE reportado por todas estas vendas de bens e servizos;

Para iso, deberán expresamente rexistrarse no réxime correspondente a través de formulario 035.

O Portelo Único ten tres modalidades:

  • Réxime exterior á Unión (EUOSS).

  • Réxime da Unión (UOSS).

  • Réxime de Importación (IOSS).

As tres modalidades refírense exclusivamente a entregas ou prestacións efectuadas polos empresarios ou profesionais a consumidores finais (operacións B2C).