7.2 Retencións e ingresos a conta de rendementos do traballo, actividades económicas, premios e determinadas imputacións de renda. Modelos 111 e 190
Están obrigados a practicar e ingresar retencións ou ingresos a conta, as persoas físicas, xurídicas e demais entidades, incluídas as Administracións Públicas que satisfagan retribucións monetarias ou en especie, dalgunha das seguintes rendas:
-
Rendementos do traballo.
-
Rendementos de actividades económicas.
-
Ganancias dos aproveitamentos forestais dos veciños en montes públicos.
-
Premios pola participación en xogos, rifas ou combinacións aleatorias.
-
Rendementos procedentes da propiedade intelectual, industrial…
As retencións ingresaranse mensual ou trimestralmente, segundo corresponda, presentando o modelo 111.
Ademais, presentarase un resumo anual das retencións e ingresos a conta efectuados, modelo 190, en que terán que incluírse, ademais, as rendas exentas de retención ou ingreso a conta.