7.3 Retencións por arrendamento de bens inmobles. Modelos 115 e 180
Os empresarios e profesionais están obrigados a practicar retención cando satisfagan rendas polo arrendamento ou subarrendamento de bens inmobles urbanos.
Non deberá practicarse retención ou ingreso a conta entre outros, nos seguintes supostos:
-
Arrendamento de vivendas por empresas para os seus empregados.
-
Cando as rendas satisfeitas polo arrendatario a un mesmo arrendador non superen os 900 € anuais (IVE excluído).
-
Cando a actividade do arrendador estea clasificada nalgún dos epígrafes das tarifas do IAE que faculte para a actividade de arrendamento ou subarrendamento de inmobles urbanos, e aplicando ao valor catastral dos inmobles destinados ao arrendamento ou subarrendamento as regras para determinar a cota establecida nos epígrafes do citado grupo, non resultase cota cero.
-
Rendementos de contratos de arrendamento financeiro.
-
Rendas de entidades totalmente exentas no IS.
As retencións correspondentes a cada mes ou trimestre, ingresaranse cando se presente o modelo 115.
Ademais, presentarase un resumo anual das retencións practicadas polo arrendamento de bens inmobles, modelo 180.