Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas. Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español

8. Declaracións informativas

imaxe declaracións informativas

A declaración informativa é unha das modalidades de obtención de información consistente na subministración masiva da mesma con carácter periódico e por vías normalizadas.

 

Existen os seguintes tipos de declaracións informativas:

  • Os resumos de retencións e ingresos a conta, que teñen o seu fundamento nunha retención ou ingreso a conta practicado con carácter previo á subministración da información e da que se informa. A declaración informativa vai asociada a unha liquidación. Modelos de informativas/autoliquidación asociada: 180/115, 187 / 117, 188/128, 190/111, 193/123, 194/124, 196/126, 270/230, 296/216.

  • As declaracións informativas puras, que se deben de presentar cando se realizasen as operacións que na mesma teñén quese informar (por exemplo, os modelos 345 e 347). Algunhas delas poden asociarse con outros modelos de autoliquidación, como por exemplo os modelos 390/303.

  • As declaracións informativas mixtas, participan das características dos dous anteriores, como por exemplo os modelos 187,190 ou 196.

Máis información sobre declaracións informativas

  1. 8.1 Declaración anual de partícipes e achegas a plans de pensións. Modelo 345
  2. 8.2 Declaración anual de operacións con terceiros. Modelo 347