8.2 Declaración anual de operacións con terceiros. Modelo 347
Os empresarios e profesionais que desenvolvan actividades económicas están obrigados a presentar o modelo 347, cando con respecto a outra persoa ou entidade realizasen operacións que no seu conxunto superasen a cifra de 3.005,06 € (IVE incluído) no ano natural ao que se refira a declaración. Tamén están obrigados as entidades ou establecementos de carácter social e as comunidades de propietarios polas adquisicións de bens e servizos que efectúen á marxe dunha actividade empresarial ou profesional cando o seu importe superase 3.005,06 € (excluída subministración de auga, enerxía eléctrica, combustible e seguros).
Non están obrigados a presentar o modelo 347 :
-
As persoas físicas e entidades en atribución de rendas no IRPF, polas actividades que tributen no IRPF en estimación obxectiva e, simultaneamente, no IVE polos réximes especiais simplificados ou da agricultura, gandaría e pesca ou da recarga de equivalencia, agás polas operacións polas que emitan factura.
Non obstante, os suxeitos pasivos acollidos ao réxime simplificado do IVE deben incluír no modelo 347 as adquisicións de bens e servizos que sexan obxecto de anotación no seu libro rexistro de facturas recibidas.
-
Quen non realizasen operacións que, no seu conxunto, respecto doutra persoa ou entidade, superasen a cifra de 3.005,06 € durante o ano natural ou de 300,51 € durante o mesmo período, cando, neste último suposto, realicen o cobramento por conta de terceiros, de honorarios profesionais ou de dereitos da propiedade intelectual, industrial ou de autor ou outros por conta dos seus socios, asociados ou colexiados.
-
Quen realizasen exclusivamente operacións non sometidas ao deber de declaración.
-
Quen deban informar sobre as operacións incluídas nos libros rexistro do IVE.
-
Quen realicen en España actividades empresariais ou profesionais sen ter en territorio español a sede da súa actividade económica, un establecemento permanente ou o seu domicilio fiscal ou, no caso de entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro, sen ter presenza en territorio español.
-
Quen estean obrigados a levar os Libros rexistro de IVE a través da sede electrónica da AEAT mediante a Subministración Inmediato de Información (SII). Polo tanto, non presentarán o Modelo 347 para o exercicio 2017 e seguintes.
O modelo 347 presentarase en febreiro en relación coas operacións realizadas no ano anterior.
O modelo 347 presentarase por Internet con certificado electrónico (obrigatorio para sociedades anónimas e limitadas, grandes empresas e adscritos á DCGC e Administracións Públicas), ou tamén con Cl@ve para persoas físicas.