Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Supostos de fraccionamento especial por falecemento e por perda da condición de contribuínte por cambio de residencia

Normativa:Arts.97.5 Lei IRPF e 63 Regulamento

Ademais do suposto xeneral anteriormente comentado, a normativa reguladora do IRPF considera dous supostos de fraccionamento especial:

  1. Falecemento do contribuínte.
  2. Perda da condición de contribuínte por cambio de residencia.

En ambos os dous casos, todas as rendas pendentes de imputación deben integrarse na base impoñible do último período impositivo que deba declararse polo IRPF.

Por iso, os sucesores do causante ou o contribuínte poderán solicitar o fraccionamento da parte de débeda tributaria correspondente ás devanditas rendas.

O fraccionamento rexerase polas normas previstas polo Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, coas seguintes especialidades:

  1. As solicitudes deben formularse dentro do prazo regulamentario de declaración.
  2. O solicitante debe ofrecer garantía en forma de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución.