Imputación de rendas por socios ou partícipes de institucións de investimento colectivo constituídas en paraísos fiscais
Normativa: Art. 95 e disposición transitoria oitava Lei IRPF
A Lei do IRPF dedica unha sección (a Sección 6ª) do seu Título X e dous artigos (o 94 e 95) á tributación correspondente aos socios ou partícipes das seguintes institucións de investimento colectivo:
-
As reguladas na Lei 35/2003, do 4 de novembro, de Institucións de Investimento Colectivo,
-
As reguladas pola Directiva 2009/65/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, distintas das anteriores, que estean constituídas e domiciliadas nalgún Estado membro da Unión Europea e inscritas no rexistro especial da Comisión Nacional do Mercado de Valores, para os efectos da súa comercialización por entidades residentes en España e
-
As constituídas en países ou territorios considerados como paraíso fiscal
A tributación correspondente aos socios ou partícipes das dous primeiras institucións de investimento colectivo regúlase no artigo 94 da LIRPF e non presenta diferenzas de tratamento con respecto á renda obxecto de imputación aos socios ou partícipes, aplicandose a normativa do IRPF que corresponde a cada modalidade de renda segundo a súa orixe ou fonte, agás algunhas especialidades para os fondos de investimento cotizado e SICAV índice cotizado e na aplicación do réxime de adiamento por reinvestimento nas SICAV cuxo comentario se inclúe no capítulo correspondente deste manual.
A diferenza dos incentivos fiscais que se establecen para o investimento nas institucións de investimento colectiva anteriores (réxime de adiamento fiscal), para a tributación correspondente aos socios ou partícipes en institucións de investimento colectivo constituídas en países ou territorios considerados como paraísos fiscais establécese un réxime fiscal especial no artigo 95 da LIRPF que pretende o contrario, desincentivar aos contribuíntes que decidan investir neste tipo de institucións de investimento colectivo.
Este réxime fiscal especial de imputación é o seguinte: