Declaración das rendas atribuídas
As rendas atribuídas deben declararse na rúbrica que corresponda do apartado "E" da declaración, identificando previamente o contribuínte que ten a condición de socio, comuneiro ou partícipe da entidade, o NIF da mesma ou, se carece deste , o Número de Identificación que teñan asignado a entidade no país de residencia e a súa porcentaxe de participación.
Tratandose de atribución de rendementos do capital inmobiliario, tamén deberá cubrirse o epígrafe "Relación de bens inmobles arrendados ou cedidos a terceiros por entidades en réxime de atribución de rendas", en que se incluirán os datos de identificación do inmoble e do socio comuneiro ou partícipe solicitado no mesmo.
Suposto especial: existencia de imputación de rendas inmobiliarias
No suposto de que existan imputacións de rendas inmobiliarias polo feito de que o inmoble estivese a disposición da entidade en réxime de atribución de rendas durante a totalidade ou parte do ano, ben por estar arrendado o inmoble só durante parte do ano, ben por haberse procedido á súa transmisión ao longo do ano, a imputación de rendas inmobiliarias deberá declararse no apartado "C" da declaración.