2.2.Regra especial:valores cotizados
Tratándose de valores admitidos a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores definidos na Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, relativa aos mercados de instrumentos financeiros e de accións ou participacións en institucións de investimento colectivo, ao existir unha cotización oficial, estímase que o valor a 19 de xaneiro de 2006 coincide coa súa valoración para os efectos do Imposto sobre o Patrimonio correspondente ao exercicio 2005.
Téñase en conta que a Directiva 2004/39/CE foi derrogada con efectos do 3 de xaneiro de 2017 pola Directiva 2014/65/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa aos mercados de instrumentos financeiros.Esta, no seu artigo 94, dispón que as referencias á Directiva 2004/39/CE se entenderán feitas á Directiva 2014/65/UE
En definitiva, nestes supostos a determinación da ganancia patrimonial xerada con anterioridade e con posterioridade a 20 de xaneiro de 2006 efectúase tomando en consideración os seguintes valores:
Valor de adquisición dos valores, accións ou participacións (VAI).
Valor que corresponda aos citados valores, accións ou participacións para os efectos do Imposto sobre o Patrimonio correspondente ao exercicio 2005 (VP).
Tratándose de accións e participacións en institucións de investimento colectivo, a valoración para os efectos do Imposto sobre o Patrimonio correspondente ao exercicio 2005 realízase polo valor liquidativo destas a 31 de decembro de 2005.
Para o resto de accións e participacións admitidas a negociación, a valoración para os efectos do Imposto sobre o Patrimonio 2005 realízase polo valor de negociación media dos devanditos valores no cuarto trimestre de 2005.Esta valoración recóllese na Orde EHA/492/2006, do 17 de febreiro (BOE do 27).
Valor de transmisión dos valores, accións ou participacións (VT).
Conforme a estes valores, o cálculo da xeración da ganancia patrimonial efectúase tal e como se indica no esquema seguinte:
Regra especial:cálculo da parte da ganancia patrimonial xerada antes do 20-01-2006 SITUACIÓN 1
O Valor de Transmisión é igual ou superior ao Valor Patrimonio 2005
(VT ≥ VP2005)
O Valor de Adquisición é inferior ao Valor Patrimonio 2005 (VAI < VP2005)
Parte reducible da ganancia patrimonial:
(+) Valor Patrimonio 2005
(–) Valor de Adquisición
= Ganancia patrimonial xerada antes do 20-01-2006
Parte non reducible da ganancia patrimonial:
(+) Valor de Transmisión
(–) Valor Patrimonio 2005
= Ganancia patrimonial xerada a partir do 20-01-2006
O Valor de Adquisición é superior ou igual ao Valor Patrimonio 2005 (VAI ≥ VP2005)
Ningunha parte da ganancia patrimonial é reducible:
(+) Valor de Transmisión
(–) Valor de Adquisición
= Ganancia patrimonial xerada a partir do 20-01-2006
SITUACIÓN 2
O Valor de Transmisión é menor que o Valor Patrimonio 2005
(VT < VP2005)
A totalidade da ganancia patrimonial é reducible:
(+) Valor de Transmisión
(–) Valor de Adquisición
= Ganancia patrimonial xerada antes do 20-01-2006