Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

2.1.Regra xeral:distribución lineal da ganancia patrimonial total

Conforme a esta regra xeral, a ganancia patrimonial xerada con anterioridade ao 20 de xaneiro de 2006 virá determinada pola parte da ganancia que proporcionalmente corresponda ao número de días transcorridos entre a data de adquisición do elemento patrimonial e o 19 de xaneiro de 2006, ambos os dous inclusive, respecto do número total de días que o devandito elemento tivese permanecido no patrimonio do contribuínte.

De forma resumida:

Ganancia xerada antes de 20-01-2006 = (Ganancia total x Nº días dende a adquisición ata o 19-01-2006) ÷ Nº de días dende a adquisición ata a transmisión

Pola súa banda, a ganancia patrimonial xerada a partir do 20 de xaneiro de 2006 virá determinada polo resultado de multiplicar a ganancia total polo número de días transcorridos dende o 20 de xaneiro de 2006 ata a data da transmisión e de dividir o produto resultante entre o número de días que permaneceu o elemento patrimonial no patrimonio do contribuínte.

De forma resumida:

Ganancia xerada a partir do 20-01-2006 = (Ganancia total x Nº días dende 20-01-2006 ata a transmisión) ÷ Nº de días dende a adquisición ata a transmisión

Tamén pode determinarse este importe directamente por diferenza entre a ganancia total e a xerada con anterioridade ao 20 de xaneiro de 2006.