Fase 2ª. Compensación de partidas negativas pendentes de exercicios anteriores
Os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais non derivadas de transmisións de elementos patrimoniais correspondentes aos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019, pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2020, compénsanse na forma prevista para a compensación do saldo negativo de ganancias e perdas patrimoniais antes indicado, é dicir:
- En primeiro lugar, co saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais obtidas no propio exercicio 2020, ata a contía máxima do importe do devandito saldo.
- En segundo e último lugar, co saldo positivo dos rendementos e imputacións de rendas, unha vez minorado o devandito saldo pola compensación do saldo negativo, se o houbese, de perdas e ganancias patrimoniais obtidas no exercicio.
A compensación dos saldos negativos de perdas e ganancias patrimoniais do exercicio e de exercicios anteriores pendentes de compensación, non poderá superar conxuntamente o límite do 25 por 100 do saldo positivo dos rendementos e imputacións de rendas antes das devanditas compensacións.