1. Ámbito obxectivo e subxectivo
Ámbito obxectivo
As continxencias que poden ser obxecto de cobertura son as previstas para os plans de pensións no artigo 8.6 da súa norma reguladora, é dicir, no texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado polo Real decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro (BOE do 13 de decembro).
As continxencias que poden ser obxecto de cobertura son as seguintes: xubilación; incapacidade laboral total e permanente para a profesión habitual ou absoluta e permanente para todo traballo, e a gran invalidez; falecemento e dependencia severa ou gran dependencia do partícipe.
Os dereitos consolidados dos mutualistas só poderán facerse efectivos nos mesmos supostos que para os plans de pensións e, adicionalmente, unha vez transcorrido un ano desde que finalice a vida laboral dos deportistas profesionais ou desde que se perda a condición de deportista de alto nivel.
Ámbito subxectivo
A condición de mutualista e asegurado deberá recaer, en todo caso, no deportista profesional ou de alto nivel.
Con esta finalidade considéranse:
- Deportistas profesionais: os incluídos no ámbito de aplicación do Real decreto 1006/1985, do 26 de xuño, polo que se regula a relación laboral especial dos deportistas profesionais.
- Deportistas de alto nivel: os incluídos no ámbito de aplicación do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento (BOE do 25).