Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Exemplo 5. Matrimonio sen fillos residentes na Comunidade Autónoma de Cataluña

O matrimonio formado por don  S.G.F. e dona A.B.C., de  65 e 60 anos de idade, respectivamente, sen  fillos. Don  S.G.F. ten no exercicio 2020  unha base liquidable xeral de 11.000 euros e unha base liquidable do aforro de 30 euros. pola súa banda  dona A.B.C., que ten acreditado un grao de discapacidade do 33 por 100,  obtén unha pensión de incapacidade exenta pola que non está obrigada a declarar.

Determinar o importe do mínimo persoal e familiar no caso de que don  S.G.F. presentase a súa declaración individual e no caso de presentación de declaración  conxunta da unidade familiar para os efectos do cálculo do gravame estatal e do gravame autonómico.

Solución:

Nota previa: a Comunidade Autónoma de Cataluña estableceu no artigo  88 da Lei 5/2020, do 29 de abril, de medidas fiscais, financeiras, administrativas e do sector público e de creación do imposto sobre as instalacións que inciden no medio natural,  estableceu, para os contribuíntes cuxa  suma da  base  liquidable xeral e do aforro sexa igual ou inferior a 12.450 euros, un importe de mínimo do contribuínte incrementando nun 10 por 100 con respecto ao fixado no artigo 57 da Lei do IRPF

1. Tributación individual de don S.G.F.:

Mínimo estatal

Mínimo autonómico

Mínimo do contribuínte 5.550 Mínimo do contribuínte (1) 6.105
 Incremento por idade superior a 65 anos 1.150  Incremento por idade superior a 65 anos 1.150
Total mínimo persoal e familiar 6.700 Total mínimo persoal e familiar 7.255

2. Tributación conxunta da unidade familiar (2)

Mínimo estatal

Mínimo autonómico

Mínimo do contribuínte Xeral 5.550 Mínimo do contribuínte (1)  Xeral 6.105
 Incremento por idade superior a 65 anos don S.G.F 1.150   Incremento por idade superior a 65 anos don S.G.F 1.150
Mínimo por discapacidade da muller dona A.B.C. (33 %) 3.000 Mínimo por discapacidade dona A.B.C. (33 %) 3.000

Total mínimo persoal e familiar

9.700 Total mínimo persoal e familiar  10.255

Nota ao exemplo:

(1) Ao non superar a suma das bases liquidables xerais (11.000 euros) e do aforro (30 euros)  do contribuínte a cantidade de  12.450 euros procede aplicar o importe de  6.105 euros fixados pola Comunidade Autónoma de Cataluña para o mínimo do contribuínte nestes casos. (Volver)

(2) O mínimo do contribuínte do artigo 57 da Lei do IRPF é en todo caso de 5.550 euros anuais (no mínimo estatal) e 6.105 euros anuais (no mínimo autonómico) con independencia do número de membros integrados na unidade familiar. Non obstante, na tributación conxunta da unidade familiar pode reducirse a base impoñible en 3.400 euros anuais, con carácter previo ás reducións legalmente establecidas. Véxase, a respecto disto, o Capítulo 13 anterior en que se comentan as  reducións da base impoñible xeral  e do aforro . (Volver)