Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Exemplo 6.Matrimonio con fillos comúns residentes na Comunidade de Madrid

O matrimonio composto por don A.H.G e dona P.L.C., de 40 e 38 anos de idade, respectivamente, teñen tres fillos cos que conviven.O maior, de 6 anos, o segundo ten 4 anos e o terceiro 1 ano.Ningún dos fillos obtivo rendas, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros anuais nin presentou declaración do IRPF

Determinar o importe do mínimo persoal e familiar de ambos os dous cónxuxes en réxime de tributación individual e en tributación conxunta da unidade familiar para os efectos do cálculo do gravame estatal e do gravame autonómico.

Solución:

Nota previa:a Comunidade de Madrid estableceu no artigo 2 do seu Texto Refundido das Disposicións Legais en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, do 21 de outubro, importes do mínimo por descendentes en substitución dos establecidos no artigo 58 da Lei do IRPF.Non obstante, debe terse en conta que os mínimos polo primeiro e segundo fillo coinciden os fixados no citado artigo 58.Os relativos ao terceiro e cuarto fillo e seguintes se determinan contías diferentes que terán que aplicarse para o cálculo do gravame autonómico.

1.Tributación individual de don A.H.G:

Mínimo estatal

Mínimo autonómico

Mínimo do contribuínte 5.500 Mínimo do contribuínte 5.550
Mínimo por descendentes  Fillo 1º (6 anos) (50% s/2.400) 1.200 Mínimo por descendentes  Fillo 1º (6 anos) (50% s/2.400) 1.200
Fillo 2º (4 anos) (50% s/2.700) 1.350 Fillo 2º (4 anos) (50% s/2.700) 1.350
Fillo 3º (1 ano) (50% s/4.000) 2.000 Fillo 3º (1 ano) (50% s/4.000) (1) 2.200
Fillo menor de 3 anos (50% s/2.800) 1.400 Fillo menor de 3 anos (50% s/2.800) 1.400
Total mínimo por descendentes 5.950 Total mínimo por descendentes 6.150
 Total mínimo persoal e familiar 11.500  Total mínimo persoal e familiar 11.700

2.Tributación individual de dona P.L.C.:

Mínimo estatal

Mínimo autonómico

Mínimo do contribuínte 5.550 Mínimo do contribuínte 5.550

Mínimo por descendentes 

Fillo 1º (6 anos) (50% s/2.400) 1.200

Mínimo por descendentes 

Fillo 1º (6 anos) (50% s/2.400) 1.200
Fillo 2º (4 anos) (50% s/2.700) 1.350 Fillo 2º (4 anos) (50% s/2.700) 1.350
Fillo 3º (1 anos) (50% s/4.000) 2.000 Fillo 3º (1 anos) (50% s/4.000) 2.200
Fillo menor de 3 anos (50% s/2.800) 1.400 Fillo menor de 3 anos (50% s/2.800) 1.400
Total mínimo por descendentes 5.950 Total mínimo por descendentes 6.150
 Total mínimo persoal e familiar 11.500  Total mínimo persoal e familiar 11.700

3.Tributación conxunta da unidade familiar (2)

Mínimo estatal

Mínimo autonómico

Mínimo do contribuínte 5.550 Mínimo do contribuínte 5.550

Mínimo por descendentes

 
Fillo 1º (6 anos) 2.400

Mínimo por descendentes 

Fillo 1º (6 anos) 2.400
Fillo 2º (4 anos) 2.700 Fillo 2º (4 anos) 2.700
Fillo 3º (1 anos) 4.000 Fillo 3º (1 anos) 4.400
Fillo menor de 3 anos 2.800 Fillo menor de 3 anos) 2.800
Total mínimo por descendentes 11.900 Total mínimo por descendentes 12.300
 Total mínimo persoal e familiar 17.450  Total mínimo persoal e familiar 17.850

Notas ao exemplo:

(1) Na determinación do mínimo por descendentes aplicouse o importe aprobado pola Comunidade de Madrid que modifica o importe correspondente ao terceiro fillo e sucesivos.(Volver)

(2) O mínimo do contribuínte do artigo 57 da Lei do IRPF é en todo caso de 5.550 euros anuais con independencia do número de membros integrados na unidade familiar.Non obstante, na tributación conxunta da unidade familiar pode reducirse a base impoñible en 3.400 euros anuais, con carácter previo ás reducións legalmente establecidas.Véxase, a este respecto, o Capítulo 13 anterior no que se comentan as reducións da base impoñible xeral y do aforro.(Volver)