Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Comunidade Autónoma de Cataluña:Importes do mínimo por contribuínte

Atención: o importe do mínimo do contribuínte estableceuse con efectos 1 de xaneiro de 2020

Normativa:Art.º 88 Lei 5/2020, do 29 de abril, de medidas fiscais, financeiras, administrativas e do sector público e de creación do imposto sobre as instalacións que inciden no medio.

Contías aplicables

Con efectos dende o 1 de xaneiro de 2020 establécese  o seguinte importe do mínimo do contribuínte para os contribuíntes residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Cataluña:

  • 5.550 euros anuais, con carácter xeral.

    O mesmo importe que o previsto no artigo 57 da Lei do IRPF.

  • 6.105 euros anuais, se a suma das bases liquidables xeral e do aforro do contribuínte é igual ou inferior a 12.450 euros.

Precisión:a Comunidade Autónoma de Cataluña non modificou os importes correspondentes ao incremento do mínimo do contribuínte por idade, polo que son aplicables os previstos no artigo 57 da Lei do IRPF (1.150 euros anuais para contribuíntes de idade superior a 65 anos e 1.400 euros anuais para contribuíntes de idade superior a 75 anos).