Comunidade de Madrid: Importes do mínimo por descendentes
Normativa: Art. 2 do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade de Madrid en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, de 21 outubro.
Establécense os seguintes importes do mínimo por descendentes que deben aplicar os contribuíntes residentes no territorio da Comunidade de Madrid para o cálculo do gravame autonómico:
Contías aplicables
- 2.400 euros anuais polo primeiro descendente que xere dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
- 2.700 euros anuais polo segundo.
- 4.400 euros anuais polo terceiro.
- 4.950 euros anuais polo cuarto e seguintes.
Cando un descendente sexa menor de tres anos, a contía que corresponda ao mínimo por descendentes, das indicadas anteriormente, aumentarase en 2.800 euros anuais.
Importante : as contías do mínimo por descendentes para o primeiro e segundo fillo, así como por descendente menor de tres anos coinciden co fixado artigo 58 da Lei do IRPF, mentres que as do terceiro e cuarto fillo e seguintes substitúen as establecidas no citado artigo.