Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Condicións para a aplicación do mínimo por discapacidade

  1. A determinación das circunstancias persoais e familiares que deben terse en conta para a aplicación do mínimo por discapacidade realizarase atendendo á situación existente á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro ou na data de falecemento do contribuínte se este falece nun día distinto do 31 de decembro).

    Sen prexuízo do anterior, o mínimo por discapacidade será aplicable nos casos en que o descendente falecese durante o período impositivo.

  2. A aplicación do mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes está condicionada a que cada un deles xere dereito á aplicación do respectivo mínimo, é dicir, mínimo por ascendentes ou mínimo por descendentes.
  3. Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación do mínimo por discapacidade respecto dos mesmos ascendentes ou descendentes, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

    Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente ou descendente, a aplicación do mínimo corresponderá aos de grao máis próximo, salvo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.

  4. Non procederá a aplicación destes mínimos cando os ascendentes ou descendentes presenten declaración polo IRPF con rendas superiores a 1.800 euros.