Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Exemplo:Dedución por donativos realizados a entidades incluídas no ámbito da Lei 49/2002

Don S.M.A. realizou durante 2020 as seguintes doazóns:

  • Á ONG “TT” incluída no ámbito da Lei 49/2002 á que con anterioridade non efectuaran doazón ningunha, a cantidade de 1.000 euros.
  • Á fundación “XX” incluída no ámbito da Lei 49/2002 á que se efectuou doazóns polo mesmo importe os dous últimos anos a cantidade de 1.000 euros para actividades prioritarias de mecenado

Determinar o importe da dedución.

Solución:

Base de dedución (1.000 + 1.000) = 2.000

Importe da dedución por donativos = 867,50

Desagregación de importes:

  1. Doazóns á ONG “TT”

    (1.000 euros) (1)

    150 euros ao 80 % =120

    850 ao 35 % =297,50

  2. Doazóns á fundación “XX”

    (1.000 euros) (2)

    1.000 euros ao 45 % =450

    Total (120 + 297,50 + 450) = 867,50

Notas ao exemplo:

(1) Aos 1.000 euros doados por primeira vez á ONG “TT” que non foron destinados a actividades e programas prioritarios de mecenado aplícanselles as porcentaxes previstas no artigo 19 da Lei 49/2002 para cantidades doadas que se incrementaron dende o 1 de xaneiro de 2020 en cinco puntos porcentuais (pasando a 80% sobre os primeiros 150 euros e 35% sobre o importe restante).(Volver)

(2) Aos 1.000 euros doados á fundación “XX" con destino a actividades e programas prioritarios de mecenado aplícase a porcentaxe do 45 por 100 resultado de elevar a porcentaxe prevista dende 1 de xaneiro de 2020 no artigo 19 da Lei 49/2002 para os supostos nos que o contribuínte realizou doazóns por importe ou valor igual ou superior, á mesma entidade, nos dous exercicios anteriores, en cinco puntos porcentuais ao ir destinado a actividades e programas prioritarios de mecenado (40% +5% =45%).(Volver)