Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

1.Entidades beneficiarias do mecenado

Normativa:Véxanse os artigos 2 e 16 e as disposicións adicionais quinta, sexta, sétima, oitava, novena, décima, décimo oitava e décimo novena Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

Dan dereito á dedución os donativos, as doazóns e achegas realizados polo contribuínte a calquera das entidades que a continuación se relacionan:

  1. As fundacións e as asociacións declaradas de utilidade pública, incluídas no ámbito de aplicación da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (BOE do 24).
  2. As organizacións non gobernamentais de desenvolvemento a que se refire a Lei 23/1998, do 7 de xullo, de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento sempre que teñan a forma xurídica de Fundación ou Asociación.
  3. As delegacións de fundacións estranxeiras inscritas no Rexistro de Fundacións.
  4. As federacións deportivas españolas, as federacións deportivas territoriais de ámbito autonómico integradas naquelas, o Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.
  5. As federacións e asociacións das entidades sen fins lucrativos a que se refiren os parágrafos anteriores.
  6. O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais, así como os Organismos autónomos do Estado e as entidades autónomas de carácter análogo das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais.
  7. As universidades públicas e os colexios maiores adscritos a estas.
  8. O Instituto Cervantes.
  9. O Institut Ramón Llull e as demais institucións con fins análogos das Comunidades Autónomas con lingua oficial propia.
  10. Os Organismos Públicos de Investigación dependentes da Administración Xeral do Estado.
  11. A Cruz Vermella Española e a Organización Nacional de Cegos Españois.
  12. A Obra Pía de los Santos Lugares.
  13. Os consorcios Casa de América, Casa de Asia, “Institut Europeu de la Casa de la Mediterrània” e o Museo Nacional de Arte de Cataluña.
  14. As fundacións propias de entidades relixiosas inscritas no Rexistro de Entidades Relixiosas que cumpran os requisitos das entidades sen fins lucrativos establecidos na Lei 49/2002.
  15. As entidades da Igrexa Católica contempladas nos artigos IV e V del Acuerdo sobre Asuntos Económicos subscrito entre o Estado español e a Santa Sé e as entidades doutras igrexas, confesións ou comunidades relixiosas, que teñan subscritos acordos de cooperación co Estado español.
  16. O Instituto de España e as Reais Academias integradas neste, así como das institucións das Comunidades Autónomas que teñan fins análogos aos da Real Academia Española.
  17. O Museo Nacional do Prado.
  18. O Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía.