Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

13.Axudas a deportistas de alto nivel, co límite de 60.100 euros

Normativa:Arts.7.m) Lei IRPF4 Regulamento do IRPF

Están exentas, co límite de 60.100 euros anuais, as axudas económicas de formación e tecnificación deportiva, axustadas aos programas de preparación establecidos polo Consello Superior de Deportes coas federacións deportivas españolas ou co Comité Olímpico Español, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que os seus beneficiarios teñan recoñecida a condición de deportistas de alto nivel, conforme ao previsto no Real Decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento (BOE do 25).

    Téñase en conta que o citado Real Decreto 971/2007 derrogou, con efectos do 26 de xullo de 2007, o Real Decreto 1467/1997, do 19 de setembro, sobre deportistas de alto nivel ao que se refire o artigo 4 do Regulamento do IRPF.

  • Que sexan financiadas, directa ou indirectamente, polo Consello Superior de Deportes, pola Asociación de Deportes Olímpicos, polo Comité Olímpico Español ou polo Comité Paralímpico Español.