Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

22.Indemnizacións do Estado e das Comunidades Autónomas para compensar a privación de liberdade

Normativa:Art.º 7.u) Lei IRPF

Están exentas as indemnizacións previstas na lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas para compensar a privación de liberdade en establecementos penitenciarios como consecuencia dos supostos considerados na Lei 46/1977, do 15 de outubro, de Amnistía.

Debe terse en conta que o artigo 7 da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura ( BOE do 27) modificou o ámbito de aplicación das indemnizacións a favor dos que sufriron prisión como consecuencia dos supostos contemplados na Lei 46/1977, do 15 de outubro, de Amnistía, para dar entrada a supostos no seu día excluídos da concesión de indemnizacións por tempos de estancia en prisión durante a Ditadura.