Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

21.Instrumentos de cobertura por risco de incremento do tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios destinados á adquisición da vivenda habitual

Normativa:Art.º 7.t) Lei IRPF

Están exentas as rendas derivadas da aplicación dos instrumentos de cobertura cando cubran exclusivamente o risco de incremento do tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios destinados á adquisición da vivenda habitual, regulados no artigo décimo noveno da Lei 36/2003, do 11 de novembro, de medidas de reforma económica (BOE do 12).

Respecto ao concepto de vivenda habitual véxase a disposición adicional vixésimo terceira da Lei do IRPF e artigo 41 bis do Regulamento.